Ós clientes do Ponte Vella gústalles a lingua galega

As persoas que onte percorreron o centro comercial Ponte Vella tiveron oportunidade de amosar o seu gusto pola lingua galega con diferentes carteis promocionais e inmortalizalo nunha fotografía, gracias á actividade organizada polo departamento de Normalización Lingüística do Concello co gallo do Día da Lingua Materna, celebrado o pasado 21 de febreiro.
Foron moitos, grandes e pequenos, os que se animaron a escoller entre mensaxes como 'Gústame que se faga xustiza co galego', 'Gústame que o leite poña que é 100% galego' ou 'Gústame que che guste a miña lingua', entre moitas outras propostas.

Te puede interesar