O clube de lectura de Piñor recibe a Miguel Anxo Fernández

O Clube de Lectura Libros Abertos de Piñor recibe o próximo martes no seu encontro quincenal ó escritor carballiñés Miguel Anxo Fernández. A cita está prevista para as 20,00 horas na localidade de Arenteiro, onde transcurre parte da acción do protagonista da novela 'Lume de Cobiza'. En torno a unhas 15 persoas forman parte desta experiencia que ten por obxectivo o fomento da lectura e o posterior debate sobre as obras elexidas, que abarcan dende a novela, pasando polo ensaio, teatro ou poesía, entre outros xéneros literarios.
Ó remate de cada lectura, ademáis do debate o intercambio de opinións, os participantes completan a actividade xa sexa cun encontro co autor, como neste caso con Miguel Anxo Fernández, ou ben asistindo a proxección dunha película, unha obra de teatro ou realizando unha excursión ó lugar onde se desenvolve a trama. Nestes intres xa contan con aproximadamente 15 obras leídas, un número que os membros do clube xa consideran importante para poñer en marcha o segundo obxectivo que se plantexaron cando puxeron en marcha a experiencia e que consiste en deixar os libros en distintos establecementos públicos do municipio, como bares, centro de saúde ou restaurantes, entre outros, para que a xente os poida coller para leer e a continuación os deixe noutro sitio ó que podan acceder máis persoas. Esta actividade iniciarase nos próximos días, según indicaron os membros do clube.

Te puede interesar