ÁREA METROPOLITANA

Coles crea un mapa de franxas antiincendios

Distribuirá aos veciños uns planos para saber o terreo que hai que limpar

O Concello de Coles distribuirá un mapa entre os veciños das diferentes parroquias no que se detallarán as franxas que han de estar libres de maleza en cada núcleo, como prevención para que os incendios forestais non cheguen ata as zonas habitadas. 

"Queremos detallar de quen é cada parcela, para evitar denuncias, e que cada una saiba o que ten que limpar", di o alcalde, Manuel Rodríguez. Un técnico está elaborando o mapa, que será presentado aos veciños no mes de abril, ao longo de nove charlas informativas nas parroquias. 

"Queremos asegurar os entornos das casas e que, se chegan os lumes, que polo menos non nos pille sen planificación", explicou Rodríguez.
O técnico traballa na actualidad coa identificación dos cultivos e plantacións situadas nos perímetros dos núcleos, a través dos cales se poderá delimitar a franxa concreta que haberá de estar limpa –10 metros, 50 ou 100, seguno estipula para cada tipo a lei autonómica–. 

Te puede interesar