Coles estuda desenvolver un polígono agroforestal

A Xunta e o Concello de Coles analizaron a posibilidade de poñer en marcha un polígono agroforestal no concello, no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así se acordou na reunión que mantivo o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, co alcalde do municipio, Manuel Rodríguez.

Coles está interesado en devolver á produción unha área en estado de abandono, cun uso que se considere idóneo para o crecemento do sector primario na localidade. Cómpre sinalar que os polígonos agroforestais son un dos instrumentos principais contemplados na Lei de recuperación da terra, xunto coas aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta, para -neste caso- poñer en valor grandes superficies de terreo. Ademais, a xuntanza tamén serviu para que se trataran as posibilidades que ofrece a apicultura para dinamizar a economía e xerar emprego no concello. 

Te puede interesar