CULTURA

A comedia protagonista da nova edición das "Noites Teatrais"

photo_camera Momento dunha obra da edición do ano pasado.

Vilamarín acollerá unha nova edición das "Noites teatrais" que terá lugar do 12 ao 15 de xullo e na que participarán actores recoñecidos como Mela Casal e Ernesto Chao. 

O auditorio municipal de Vilamarín acollerá entre o 12 e o 15 de xullo a XXiX edición das "Noites Teatrais" e que terá a comedia como protagonista principal. 

O aforo para cada actuación é de 400 persoas que poderán desfrutar de forma totalmente gratuíta de obras nas que participarán actores de Vilamarín e de outras nas que subirán ao escenario recoñecidos intérpretes como Mela Casal ou Ernesto Chao. 

Todas as obras terán lugar as 22:30 horas. 

As obras: 

- Martes 12: Demediado

- Miércoles 13: Noiteboa

- Jueves 14: Eroski Paraíso

- Venres 15: Furancho

Te puede interesar