Pérez Bouza e Xosé Carballido lideran en Ourense o novo galeguismo

Compromiso por Galicia amosa hoxe o seu proxecto

Xosé Manuel Pérez Bouza, rodeado de militantes nacionalistas, nun acto electoral do BNG. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
Compromiso por Galicia, a nova formación nacionalista que pretende convertirse en alternativa ó BNG, preséntase hoxe en Ourense tralo acordo alcanzado recentemente entre as tres forzas que a compoñen, Máis Galiza, Acción Galega e Espazo Ecogaleguista. En realidade, Xosé Carballido, exdirector xeral no Concello; Xosé Manuel Pérez Bouza, exsenador, e a xove universitaria Rocío Sampaio presentan a xestora ourensá da nova formación, antes da posta de largo do vindeiro martes, tamén na cidade.
É o primeiro paso da nova formación, que nace coa intención de concurrir ás vindeiras eleccións autonómicas e que se presenta coma unha confluencia de forzas abertas á sociedade e disposta a aglutinar múltiples sensibilidades. Está liderada pola exconselleira co bipartito Teresa Táboas e conta con Rafael Cuiña, fillo do falecido conselleiro do PP, despois de que ámbolos superaran as súas diferencias.

Compromiso por Galicia aspira a integrar ós gobernos escindidos do BNG en Ourense e incluso a alcaldes nacionalistas que agardan polos pasos que toma esta nova forza para decidir o seu futuro. O Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras vai, de momento, por libre, enfrascado aínda en asambleas internas pero Compromiso tamén espera a presencia de militantes do PNG que saíron do Bloque en marzo.

Te puede interesar