SUBVENCIÓNS

O Concello adicará 680.000 euros ás subvencións deportivas

A partida aumenta en 40.000 euros con respecto ao ano pasado 

O Consello Municipal de Deportes aproboy as bases da convocatoria de subvencións anuais para eventos e manifestacións deportivas (80.000 euros) e para a actividade regular dos clubs deportivos da cidade de Ourense (600.000). Unha bases que contaran con novidades posto que se valorará con máis puntuación aquelas entidades que acollan nas súas filas a deportistas con discapacidades, axudas para o aluguer de instalacións deportivas non municipais ou para adquisición de equipamentos non funxibles. 

A cantidade adicada a estas axudas aumenta en 40.000 euros con respecto ao ano pasado no que se beneficiaron 77 clubs e 45 eventos. Tamén se modificou o sistema de xustificación e control financeiro das subvencións de xeito que as axudas se apliquen naquelas actividades para as que foron solicitadas.

Te puede interesar