AXUDAS

Barbadás dispón 5.000 euros para axudas a libros e material de Infantil

O prazo de solicitude remata o próximo 17 de novembro e as axudas serán de 90 euros para cada neno

O Concello de Barbadás abriu onte o prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas económicas para libros de texto e material didáctico en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos). O periodo habilitado para a presentación de solicitudes finaliza o 17 de novembro.

Estas subvencións da Concellería de Educación de Barbadás están dirixidas a unidades familiares cuxos nenos a cargo sexan escolarizados en centros públicos ou concertados e sempre que estean empadroados no municipio.  As  axudas teñen unha consignación orzamentaria de 5.000 euros.

 A concelleira de Educación, Marga Pérez, explicou que "estas subvencións están destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo do municipio de Barbadás". As axudas que se conceden para libros e material para os ciclos de Educación Infantil ascende a 90 euros por neno e os ingresos das unidades de convivencia non poderán exceder de 4.800 euros anuais netos por membro familiar.

As solicitudes poderán recollerse nas oficinas municipais da Valenzá (rúa do Viso), na casa consistorial ou a través da páxina web do Concello. Entre a documentación a presentar figura o resgardo da matrícula escaneado, a fotocopia da declaración da renda, o certificado de empresa se non estiveran obrigados a presentar declaración da renda, unha fotocopia do libro de familia, unha copia do DNI e o certificado de vida laboral dos maiores de 18 anos. 

Te puede interesar