O Concello ensinará a xestionar áreas infantís

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense e a Asociación Española de Parques e Xardíns Públicos organizan un Curso de Xestión de Áreas de Xogos Infantís, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de abril no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Ourense.
Esta actividade ten como obxectivo formar ós profesionais dos parques e xardíns para mellorar a súa xestión, difundir as novas normativas en materia de xestión de áreas de xogos infantís, fundamentalmente a norma UNE EN 1176 sobre Equipamento das áreas de xogo.

O curso está dirixido a encargados e responsables de equipos de instalación, inspección ou mantemento das áreas de xogos infantís que desenvolven o seu labor na administración pública ou empresas especializadas. Ten unha duración de 20 horas e os interesados poden recibir máis información na Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense e na Asocación Española de Parques e Xardíns Públicos. O programa formativo inclúe os seguintes contidos como áreas de xogos infantís e planificación e sinalización de equipos e elementos da área de xogo. Ademáis, contén requisitos xerais e específicos de seguridade: proteccións contra caídas e atrapamentos, columpios, tobogáns, tirolinas, carruseis, balancíns, redes, etcétera, así como uso de sondas de proba, pavimentos de seguridade (tipoloxía e dimensións, instalación e mantemento), determinación de espacios e alturas de caída, materiaias, responsabilidade xurídica ou xestión de mantemento.

Te puede interesar