SENTENCIA JUDICIAL

O Concello estudia opcións para evitar o derribo dos 
pisos de Ervedelo

A decisión do Tribunal Supremo obriga a reparcelar o solar, o que suporía a demolición dos edificios.

O servizo de Asesoría Xurídica do Concello está estudiando as posibles opcións que se poderían poñer en marcha tras a decisión do Supremo de anular un auto do 2014 polo que se avalaba a iniciativa da Administración local para resolver o pleito que amenazaba có derrumbe de preto de 100 vivendas -construidas no 1992- nunha parcela sita en Ervedelo. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, amosou onte a súa vontade de acatar a decisión do Tribunal Supremo e explicou que están analizando as distintas alternativas xa que "calquera paso ten que estar sustentado na legalidade".

A decisión do Tribunal Supremo obriga a reparcelar o solar, o que suporía a demolición dos edificios. Unha opción ao derrumbe sería compensar económicamente ao promotor, tal e como se recollía na resolución do Tribunal Supremo do ano 1999 que xa lle daba a razón. "De momento, non se fixo unha avaliación de cantos cartos lle pode costar ao Concello", explicou Jesús Vázquez. O fallo da sentencia do Alto Tribunal, con data do pasado día 11, lembra que a execución da resolución do ano 1999 foi suspendida polo Concello e o denunciante no 2002 coa finalidade de estudiar a posibilidade de compensar a este os perxuicios causados. Non obstante, o procedemento quedouparalizado ata 2011; é dicir, durante os últimos cino anos de goberno municipal do PP e dos catro primerios do PSdeG.

O PXOM de 2003, agora anulado, integrou o solar en litixio na zona de Fonte do Bispo aínda que ese ámbito non se chegoy a urbanizar nin edificar debido a anulación xudicial daquel Plan de Urbanismo. A Sala de instancia volveu entón a pedir a execución da sentencia do ano 1999 ata en sete requirimentos distintos, polo que, para evitarlo, o goberno de entonces acordou fai tres ano recalificar terrenos na Fonte do Bispo por valor de casi 14 millóns de euros, según cálculos municipais. Un acordo que o Supremo decide agora anular. n
 

Te puede interesar