O Concello de Ourense abre este martes o prazo para o pago de vehículos de tracción mecánica

O importe total deste imposto ten un montante de 5.132.635,57 euros

O Concello de Ourense abre desde mañá, martes, día 1 de marzo ata o 5 de maio o período voluntario de pago do imposto de vehículos de tracción mecánica corrrespondente ao presente ano 2016. Conforme ao padrón municipal deste tributo, son en total 70.106 recibos, dos que 15.013 están exentos de pago por bonificación fiscal, polo que no total de recibos que requiren o pago da cota son 55.093 restantes

O importe total deste imposto ten un montante de 5.132.635,57 euros. Dos 70.106 vehículos rexistrados no padrón municipal, a cifra máis numerosa é a correspondente aos turismos (54.648), seguidos de camións (6.064), motocicletas (4.731), ciclomotores (2.437), remolques e semi-remolques (1.091), tractores (940) e autobuses (180).

Te puede interesar