SANIDAD

O Concello de Ourense aproba a licencia de obra definitiva para a ampliación do CHUO

“Ao tratarse dun equipamento asistencial de evidente interese público, ten un claro carácter estratéxico e de vital importancia para a cidadanía”, explicaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O Concello de Ourense aprobou na xunta de goberno a licencia das obras de ampliación do CHUO, correspondentes á fase 1 do Plan Director H2050. “Trátase dunha noticia de enorme trascendencia para Ourense, tendo en conta que posibilitará a apertura desta importante infraestrutura sanitaria”, explicaba o alcalde, Jesús Vázquez.

Durante a tramitación do expediente -o Sergas presentara toda a documentación para solicitar a licencia o 27 de setembro de 2016- xurdiron importantes contratempos, según comentou o rexedor. Algúns deles foron "a nulidade do proxecto de urbanización orixinario levada a cabo polos tribunais, así como a anulación das Normas Provisionais".

"A concesión da licencia prodúcese por silencio positivo, e segundo consta no informe técnico, a natureza desta solicitude -ao tratarse dun equipamento asistencial de evidente interese público- ten un claro carácter estratéxico e de vital importancia para a cidadanía. É dicir, esta é a licencia de obra definitiva para a ampliación do CHUO”, sentenciaba o alcalde.

Te puede interesar