ACTIVIDADES

O Concello de Ourense pon en marcha a programación de actividades dos centros cívicos, con propostas para nenos e adultos

Os nenos poderán inscribirse desde o xoves nas actividades que se realizarán de luns a venres polas tardes e os sábados pola mañá

O Concello de Ourense pon en marcha a programación de actividades para nenos e persoas adultas dos centros cívicos municipais. Desde pasado mañá, xoves, 2 de novembro, as familias interesadas poderán inscribir a nenos e nenas nos obradoiros que nestas dependencias municipais se desenvolverán cada tarde de luns a venres e os sábados pola mañá. Estas actividades de lecer e apoio á conciliación familiar comezarán o luns, día 6 en todos os centros cívicos do Concello.

A programación de actividades dirixidas a persoas adultas e as que teñen como destinatarias ás persoas maiores de 65 anos, dentro do programa municipal de envellecemento activo, comezarán o día 15 de novembro, previo prazo de inscrición que se abrirá o día 7.

Actividades infantís

O xoves, 2 de novembro comenzará o prazo para solicitar as actividades para nenos e nenas. As familias interesadas poderán recoller as solicitudes nos centros cívicos e na oficina de Atención Cidadá da Praza Maior nº 1, ou ben descargarlo na páxina web do Concello ( www.ourense.gal). Entregaranse as solicitudes cubertas en Rexistro Xeral. É condición imprescindible estar empadroado/a no Concello de Ourense.

Están dirixidas a escolares de Infantil e Primaria (nados entre os anos 2008 e 2014) e desenvolvense de luns a venres de 17,30 a 20,00 horas e os sábados de 10,30 a 13,00 horas nos centros cívicos Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. Comenzarán en cada centro o día 6 de novembro de 2017.

Te puede interesar