HOMENAXE

O Concello volcarase coa figura de Carlos Casares ao longo deste ano

photo_camera Belén Iglesias, Francisco Javier Casares, Ramón Villares, Román Rodríguez e Xesús Alonso Montero -no centro, en primeiro térmo- na Cidade da Cultura.

A cidade acollerá mostras, roteiros, concertos musicais, lecturas públicas  e un simposio sobre a súa figura literaria

O Concello de Ourense adicará un amplo programa de actividades a lembrar a memoria do escritor Carlos Casares, fillo predilecto da cidade desde abril de 2003 e o autor ao que dedícase o Día das Letras Galegas este ano. Así o adiantou a concelleira de Cultura do Concello de Ourense, Belén Iglesias, no encontro de onte co resto de representantes de organismos e institucións na Cidade da Cultura. Iglesias destacou que Ourense "recibe este ano cunha especial ledicia a celebración do Día das Letras", adicada a unha persoa que "pola súa obra artística, a súa presenza e compromiso intelectual, forma parte substancial e imprescindible do Ourense do século XX".

Acto solemne
A edil adiantó que o salón de plenos acollerá, o día 18 de maio, un acto solemne de homenaxe con motivo da celebración do Día das Letras. Contará coa participación da familia, á que se lle fará entrega dun pergamiño conmemorativo desta celebración. "A continuación celebraremos un acto público, aberto a toda a cidadanía, no que descubriremos unha placa en homenaxe a Carlos Casares, realizada polo escultor ourensán Xosé Cid", engadiú. Será nun lugar moi especial: a Praza de Bispo Cesáreo, onde se atopan a sé do Liceo.  
Carlos Casares será, polo tanto,  o eixo da programación cultural da cidade o longo dos vindeiros meses, con diferentes iniciativas de divulgación da súa obra entre todos os públicos. 

Simposio
A cidade será un dos escenarios do Simposio Carlos Casares que a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Carlos Casares, co apoio da Xunta, desenvolverán con conferencias e relatorios sobre a vida e a obra do escritor ourensán.

Exposición
Entroutras cousas, Ourense será a primeira parada de "Os mundos de Carlos Casares", exposición central sobre a figura, a obra e o tempo do autor, que percorrerá Galicia durante o mes de decembro para amosar contidos audiovisuais, paneis textuais explicativos, obxectos cotiás, documentos, pezas históricas e fotografías das diferentes épocas do escritor. 

Roteiro
Noutro dos actos programados, escolares de Primaria coñecerán a xeografía vital e literaria de Casares na cidade, con parada nos escenarios emblemáticos da súa traxectoria, a través dun roteiro, o vindeiro 8 de maio . A xornada rematará cunha charla no Auditorio.
Este mesmo escenario acollerá  o 16 de maio, o Concerto das Letras, que promove o Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello de Ourense, o Consorcio de Santiago e o Consorcio para a Promoción da Música. A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica, baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretarán diferentes obras sobre textos de autores galegos. Ademais estrearase a obra Formiga, de Rubén Vizcaíno, a partir dun texto do libro "A galiña azul".

Lectura pública
Pola outra banda, o Concello convidará a cidadanía a participar nunha lectura pública de textos de Casares, nunha xornada que incluirá música e un obradoiro infantil, o 17 de maio, na Sala Valente da rúa do Paseo. Alumnos de Primaria e Secundaria participarán nun recital literario público promovido polo Concello, no que lerán micro-relatos escritos para a ocasión, do 15 ao 19 de maio, na Praza de San Martiño.

Te puede interesar