O congreso sobre Faustino Santalices toma forma de libro

Che (centro) cos irmáns Castro. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Como cumio á exposición e o posterior congreso que Ourense acolleu os pasado meses de febreiro e marzo arredor da figura do zanfonista Faustino Santalices, agora as conclusións xa colleron corpo de libro nas actas presentadas onte no Museo Municipal polos organizadores da iniciativa, os irmáns Félix e Cástor Castro, Xosé Lois Vázquez 'Che', como representante da Difusora de Artes e Ideas, editorial do volume; a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, e o director de Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero.
Na súa presentación, tódolos ponentes coincidiron en defender o soporte papel nos tempos que corren fronte á proliferación das publicacións dixitais, aínda sen mostrarse contrarios a estas últimas. O debate comezouno Vázquez ó xustificar a publicación coa 'xoia' que leva dentro. Trátase duns planos a escala para a fabricación dunha gaita idéntica ó modelo de Faustino Santalices. A precisión milimétrica requerida é algo que 'polo de agora' pode desvirtuarse segundo a impresora ou fotocopiadora empregada. Por outra banda, de entre as conclusións extraídas, salienta a aparición dunha música de Santalices na película arxentina Sonata, sen coñecerse 'como chegou aí', precisou Cástor Castro.

Te puede interesar