FORO LA REGIÓN

O conselleiro Julio García Comesaña destaca o papel dos nanofármacos no tratamento do cancro infantil

Julio García Comseñana, en el Foro La Región con María Blanco.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Julio García Comseñana, en el Foro La Región con María Blanco. Foto: Xesús Fariñas
A última edición do Foro La Región tivo lugar no Centro Cultural Marcos Varcárcel o pasado xoves. O acto abríase polo conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña que presentaba a María Blanco-Prieto

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña ponía o foco na súa intervención na importancia dos avances nos tratamentos do cancro e na labor da ourensá María Blanco-Prieto, presidenta da Federación Europea de Ciencias Farmacéuticas.  Julio García Comesaña destacou a labor de María Blanco-Prieto e adicou algunhas verbas sobre a especialista natural de Trives e o seu proxecto.

"O seu achegamento ao cancro infantil mereceu o máis alto recoñecemento por parte da Asociación Española contra o Cancro", recordou o conselleiro. E é que Julio García quixo recalcar as concusións de diferentes ideas de María, comentando o papel da "encapsulación de fármacos fitotóxicos en nanopartículas" que fai posible "a liberación sostida, unha mellor acumulación no tecido tumeral e o aumento da biodisponibilidade e a mellora no indice terapeutico".

García destacou tamén "o impacto do traballo de María en diversos ámbitos terapéuticos", enumerando o campo da antibioterapia, da cardioloxía e, especialmente, no tratamento do cancro infantil: "Entendemos os nanofármacos como eses pequenos mensaxeiros que levan medicamentos onde é necesario. Polo tanto, non os deixa onde non o é e disminue moito a súa toxicidade".

O conselleiro de Sanidade destacaba o "pracer" que era para él escoitar a Blanco Prieto no Foro La Región, entre outras cousas, porque na Xunta teñen "un proxecto cun centro en Santiago de terapias avanzadas no que traballamos con nanoterapias", o tema principal da ponencia.

Te puede interesar