Sociedade

Oito consellos para non gastar máis auga da necesaria

photo_camera Imaxe dunha billa vertendo auga.

Despois da seca que asolou a provincia de Ourense o pasado novembro,  a Confederación Hidrográfica Miño Sil da unha serie de pautas para evitar unha situación crítica

                                                                                  

Desde a Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) dan unha serie de pautas para afrontar situacións de seca:

  1. Os concellos galegos de máis de 20.000 habitantes deben "porse as pilas" e dotarse dun plan de emerxencias, tomando así exemplo de concellos de Castela e León
  2. Contar con normas e formas de actuación ante situacións importantes de falta de auga
  3. Recoméndase aos concellos reutilizar a auga depurada da súa rede para a rega de xardíns e non seguir sacando auga do Miño.

 

                                                                           grifo_result

A nivel individual, tamén podemos contribuir con pequenas accións como:

  1. É preferible optar por unha ducha e non por un baño
  2. As duchas deben ser curtas (segundo a Organización Mundial da Saúde, nunha ducha de 5 minutos pérdense 95 litros de auga)
  3. Regar os xardíns e plantas na medida do xusto
  4. Evitar ter a billa aberta mentres lavamos os dentes ou fregamos a louza, por exemplo
  5. Deixar as billas correctamente fechadas

 

Te puede interesar