Un convenio divulgará a obra completa dos irmáns Risco

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, visitou onte a Fundación Vicente Risco, en Allariz, onde foi recibido polo secretario desta entidade, Luís Martínez-Risco Daviña.
A secretaría xeral e a fundación veñen de asinar un convenio de colaboración co fin de promover a divulgación, o estudo e a preservación da obra dos irmáns Vicente e Antón Risco. Mediante a sinatura deste convenio, a Fundación Vicente Risco levará a cabo durante este ano numerosas iniciativas. Por unha banda, a realización de encontros, como a homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos, e a posta en marcha de cursos sobre os ámbitos do dereito, da arquitectura ou da xeografía, centrados en temas como a vivenda nos núcleos tradicionais de poboación ou a protección xurídica do patrimonio cultural galego.


Máis colaboración

Outra das liñas que se contempla no convenio é a artística, a través do ciclo de cine Os mundos de Vicente Risco ?co gallo do octoxésimo aniversario da viaxe de Vicente Risco a Alemaña?, dunha exposición sobre Antonio Faílde e a escultura contemporánea galega e mais de Ourense perdurábel, unha mostra histórico-artística permanente nas rúas.

Grazas á colaboración entre a fundación e a secretaría xeral tamén se organizarán as exposicións Vicente Risco na súa obra. Dez gravados de Conde Corbal, Europa en Vicente Risco e mais Arquitectura sen arquitectos. A arquitectura anónima a través dos traballos de Vicente Risco.

Co fin de promover o uso da lingua galega, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo mantén unha colaboración permanente con entidades de diferentes ámbitos, a través, coma neste caso, de convenios que contribúe.

Te puede interesar