Convocado o concurso dos Maios, que dará 15.000 euros

A xunta de goberno do Concello de Ourense aprobou onte a convocatoria do concurso que premiará os mellores maios e coplas da próxima edición da Festa dos Maios, que se celebrará o domingo 1 de maio.  O Concello convida a asociacións, colexios e outras entidades a que se inscriban, antes do 26 de abril, no certame, que repartirá 15.000 euros. Na sesión, aprobouse a convocatoria para as subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais  ás que destinará 325.000 euros.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou unha nova promesa, a de onstruír un ascensor que comunique a estrada da Granxa coa Praza 500, salvando un desnivel de 10 metros, e di que xa encargou o proxecto de obra. En outubro de 2021, o alcalde xa propuxera un ascensor entre a avenida de Marín e a de Santiago, do que nada máis se soubo.

Te puede interesar