CAMIÑO DE SANTIAGO

Creada unha comisión para a promoción da Vía da Plata

O presidente da Deputación, Luis Menor, reunido con representantes dos 28 concellos.
photo_camera O presidente da Deputación, Luis Menor, reunido con representantes dos 28 concellos.
A Deputación de Ourense creou unha comisión de 28 concellos para promocionar a Vía da Plata

A Deputación de Ourense deu un paso significativo para aumentar a promoción da provincia ao constituír a comisión de municipios da Vía da Plata. Presidida polo presidente provincial, Luis Menor, esta comisión reúne aos 28 concellos atravesados por este itinerario xacobeo, así como á asociación cultural Amigos do Camiño de Santiago Vía da Plata-Camiño Mozárabe.

Na reunión inaugural celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel, Luis Menor destacou que esta iniciativa cumpre cun dos compromisos anunciados polo goberno provincial para aproveitar as características únicas da provincia fronte a outros territorios. A Vía da Plata, con máis de 200 km de extensión en Galicia, a maior parte dos cales transcorren por municipios ourensáns, representa, según expresaron na creación da comisión, un recurso valioso para o desenvolvemento económico e turístico local.

Os obxectivos desta nova comisión inclúen analizar os puntos débiles do camiño e propoñer solucións para potenciar o seu papel na dinamización do territorio, así como avaliar o estado do itinerario en termos de sinalización, seguridade e servizos. Ademais, buscarase estudar o perfil do peregrino e desenvolver iniciativas para involucrar á poboación local, así como a creación dun calendario de eventos culturais e enogastronómicos.

Unha das particularidades da Vía da Plata é a súa conexión co AVE, con dous puntos de partida mínimos para obter a Compostela: desde A Gudiña e desde a cidade de Ourense. Isto abre oportunidades para promover o turismo de peregrinación e a mobilidade sostible na rexión.

Durante a reunión, Menor anunciou un acordo sólido coa Deputación de Zamora para deseñar accións conxuntas que revitalicen o camiño, aumentando o potencial.

Te puede interesar