Ourense

Cruz Vermella une na festa dos magostos a nenos e maiores

Ourense

Crónica

Cruz Vermella une na festa dos magostos a nenos e maiores

Os maiores de Cruz Vermella participaron no magosto con xogos populares. (MARTIÑO PINAL)
photo_cameraOs maiores de Cruz Vermella participaron no magosto con xogos populares. (MARTIÑO PINAL)
A organización celebrou este xoves o seu San Martiño de xeito interxeneracional con actividades ao longo da tarde. Contaron con voluntarios do CEIFP Portovello cos que pasaron o tempo con xogos populares como a ra

A Cruz Vermella celebrou este xoves o seu xa tradicional magosto, no que participaron os usuarios dos diversos proxectos que teñen en marcha. Os primeiros en sumarse á festa foron os seus maiores do Centro de Día, aos que se lle foron xuntando nenos e adultos.

O magosto deu comezo cunha sesión de xogos populares grazas ao Centro de Interpretación do Xogo Popular do CEIFP Portovello. "Nel temos unha xogoteca e intentamos recuperar o emprego destes xogos populares, devolvemoslle ao Centro de Día con esta actividade todo o que Cruz Vermella nos aporta", conta unha das profesoras.

Maiores e alumnos riron e xogaron a rá, a billarda, a todos aqueles pasatempos que empregaban na súa infancia. "Nuestra tutora nos propuso venir como una actividad a celebrar el magosto con el centro de Día y así poder recuperar los juegos populares con ellos", conta Olalla Ada, unha das alumnas do Portovello. Sumáronse a este día de forma voluntaria: "Me parece muy bien que lo celebren así para divertirse todos juntos, que los mayores recuerden qué eran estos juegos para ellos", sinala Paula Martínez, outra estudante.

Ourense 7/11/19
Magosto cruz roja en Ourense

Fotos Martiño Pinal

Outro dos profesores do Portovello destaca a posibilidade de "intercambio interxeneracional" deste día, "é unha aprendizaxe mutua". Todos xogaron activamente e as súas caras reflexaron a felicidade en cada unha das súas boas partidas. "Todas estas iniciativas axudan a que o pasen mellor", afirma  a estudante Andrea Ballesteros.

Os maiores estiveron moi animados e ente eles atopábanse Inés Lorenzo e Ariela Zapata "A min encántame porque hai que manterse activos e ó magosto veño sempre dende os tres anos que fai que empecei as actividades en Cruz Vermella", conta Inés. Por outro lado, Ariela coñeceu algo máis da nosa cultura, dado que naceu en Venezuela: "Estos juegos son una novedad para mi".

Natividad Álvarez forma parte da área de maiores e destaca as posibilidades destas xornadas: "Facémolo interxeneracional cos nenos, e tamén serve para incluir na nosas tradicións a persoas inmigrantes e logar que sexa intercultural".

Ourense 7/11/19
Magosto cruz roja en Ourense

Fotos Martiño Pinal

As actividades continuaron cunha merenda na que non faltaron chourizos e castañas para dar paso a unha actividade cos máis novos de Cruz Vermella. "No magosto facemos unha actividade na que lles ensinamos sobre reciclaxe e coidado medioambiental, logo explicámoslles de onde ven o magosto e a súa historia", explica Adriana Diéguez, a coordinadora de Xuventude.