A directora do Fito afirma estar satisfeita da resposta do público que foi 'in crescendo'

Cuña: 'Foi un festival moi equilibrado a nivel artístico'

'Wild Wild Wilde' foi a obra representada onte. (Foto: JOSÉ PAZ)
Hoxe o V Festival Internacional de Teatro de Ourense chega a súa fin. A directora do evento, Ánxeles Cuña, repasa as primeiras sensacións e sinala que 'a nivel artístico foi unha edición moi equilibrada. O programa era moi bo, con un gran nivel tamén nas cinco compañías estranxeiras. O traballo da compañía italiana (Teatro Tascabile de Bérgamo) foi excelente, así como o retrato que fixo a compañía dinamarquesa (Granhøj Dans ), que foi impactante, Malayerba (Ecuador) tampouco deixou indiferente a nadie igual que a brasileira (Julio Adrião Produções Artísticas)'.
Haberá que esperar a que pasen uns días para facer unha análise a fondo. 'Cando se planificou o Fito de este ano non se sabía que ía coincidir coas eleccións nin que a cidade ia estar en conmoción polos acontecementos políticos. Foi un arranque canto menos particular ainda que a resposta da xente foi 'in crescendo'. Son moitos valores os que hai que ter en conta para facer un análise', explica Cuña.

Un momento culminante viviuse o pasado xoves no Auditorio coa presenza de Carmen Machi no papel de Helena de Troia no que aforo estivo casi completo con xente de todalas xeracións. 'Ésto indicanos que este festival ten unha liña moi clara de buscar a interculturalidade. É certo que no caso de Machi tamén influe o mediático pero eso non é óbice para ver un traballo cheo de matices, nunha obra moi premiada', afirma a directora.

Ánxeles Cuña destaca tamén 'o pracer de ver a par, compañías con experiencia con outras novas. Por outra a nivel económico é de suliñar a dificultade que supón poder programar 15 espectáculos cun presuposto de 120.00 euros'.

A xuizo de Ánxeles Cuña 'hai un esforzo moi grande de comunicación non só a través dos medios de comunicación senón a través da marca. A imaxe do festival xa se identifica. Tamén cabe destacar que unha como a de Carmen Machi púdose ver por tan só seis euros cando seguramente a súa proxima representación noutra cidade custe 20. Foi unha política do festival, facer un festival para a cidadanía. Conseguimos que viñeran xente de Vigo, Santiago, Coruña, etcétera. Incluso tivemos visitantes desde Portugal para ver as compañías galegas'.

De entre todas as representacións que se teñen feito, a directora do festival destaca, entre as galegas, a da compañíaIl Maquinario, con catro actores formidables'.

Finalmente, Ánxeles Cuña comenta que 'a función de este tipo de eventos é a de servir como punto de encontro, de reflexión... Ten un impacto social'.

Te puede interesar