Curso de uso das novas tecnoloxías en Caldelas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar en Castro Caldelas un curso sobre o uso de novas tecnoloxías nas axudas da Política Agraria Común (PAC). Celebrarase na sala multiusos dos Pilos o vindeiro 25 de novembro, en horario de mañá, de 10,00 a 14,00 horas.

Con este curso preténdese que as persoas beneficiarias das axudas da PAC se familiaricen e adquiran os coñecementos necesarios das distintas aplicacións informáticas que hai para realizar a tramitación telemática dos procedementos vencellados á solicitude única da PAC.

Esta xornada está dirixida  a calquera persoa vinculada cos sectores de agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira e mozos do medio rural galego.

Te puede interesar