David Rodríguez aventurouse, fai 6 anos, a organizar unha gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense.
Pese a ter 18 anos e non ter experiencia nese tipo de eventos, non dubidou en que era unha necesidade visibilizar o traballo da asociación na cidade. Agora ultima os detalles da VI Gala Contra o Cancro, que terá lugar no Auditorio Municipal o sábado 22 de decembro, ás 20,30 horas. As entradas xa están á venta no local de AECC por 5 euros. Na billeteira, o día do espectáculo, o precio será de 8 euros.
Que haberá nesta sexta edición da gala solidaria?
Un pouco de todo, porque me gusta cambiar e que haxa variedade cada ano. Haberá música, baile e, por primeira vez, poesía. Ademais, anunciaremos a participación dun artista, xa para a gala do ano próximo.
Que artistas subirán ao escenario o día 22?
A cantante Andrea Pousa, o compositor cántabro Nando Agüeros e logo os ourensáns Habitación Vudú, que animarán o ambiente para finalizar a gala. A Escola de Danza Cuatro Pasos ofrecerá o espectáculo de baile e o dúo Aldaolado será o que se ocupe da poesía cun toque de humor.
A xente terá oco para rir.
Claro, esta non é unha gala triste. É emotiva pero positiva. Sobre todo, búscase que a xente que o está pasando mal se olvide dese tema durante o tempo que dure a gala, que non pensen na enfermidade e que tiren cara diante.
Por que comezou, fai 6 anos, esta proposta?
Porque tiven familiares e amigos que pasaron por isto, e entón sabes o que é e a labor que realiza AECC na cidade. Aí traballan moitas personas que axudan aos enfermos, acompáñanos durante a fase do tratamento, anímanos tanto a eles como ás súas familias... É necesario visibilizalo e axudarlles co que se poda. O beneficio vai íntegro para eles, para as necesidades que teñan.
Como foron os primeiros anos?
Empecei con moita ilusión e non esperaba tan boa resposta cidadá. Como me gustaba o audiovisual e tiña amigos músicos, pensei que podería funcionar. A verdade é que a xente da música sempre está disposta a colaborar.
As entradas xa están a venta.
Sí, das 900 entradas que hai xa temos vendidas máis da metade nestes momentos. A xente responde moi ben, e é un orgullo cando ao principio da gala estou por alí e vexo que hai xente de todas as idades, maiores e novos. A gala busca encher de solidariedade o Auditorio.
Puntos de venta das entradas
As entradas para a Gala contra o Cancro do próximo sábado 22 pódense adquirir nos seguintes establecementos:
- Escola de danza cuatro pasos: Camiño Caneiro, 4 / avenida da Habana, 87 / Galerías Villa Argentina
- Kiosko Marcos: Bedoya, 2
- Cafetería Trampitán: Plaza Mayor
- Matiz Instrumentos Musicais: avenida de Zamora, 49
- Panadería Roberto: Seixalbo
- Asociación Española contra o Cancro: Curros Enríquez, 26
- Prink Ourense: avenida da Habana, 5