A demanda de viño tinto redúcese a nivel estatal nas denominacións de orixe de Ourense

Viñedos da Denominación de Orixe Ribeiro.
photo_camera Viñedos da Denominación de Orixe Ribeiro.

Unións Agrarias instou a “comezar a traballar para buscar solucións” ante a baixada de demanda de viño tinto en Ourense

Unións Agrarias advirte da baixada na demanda de variedades tintas detectada tanto en Monterrei como en Valdeorras e na Ribeira Sacra. “Unha situación especialmente problemática para esta última DO, centrada nesta produción”, matiza. “A redución da demanda de tinto é unha tendencia a nivel estatal”, apunta, insistindo en que hai que “comezar a traballar para buscar solucións e posibles alternativas que, en vindeiras campañas, permitan dar saída á totalidade da uva ”.

Por outra banda, lembra ás adegas a súa obriga de abonar sen máis demora o 100% da uva recollida na última vendima. Este pasado mércores cumpríronse 30 días dende a data de validación da colleita realizada polos Consellos Reguladores das Denominacións galegas. Un prazo co que vence o tempo máximo que a Lei de Cadea Alimentaria marca para efectuar ese pago.

Unións Agrarias fai un chamamento “á responsabilidade e insta a aquelas adegas que puideran ter incorrido nalgún atraso a cumprir sen demora coas súas obrigas”.

As Denominacións galegas recolleron un total de 75,4 millóns de quilos de uva. Segundo sinala Unións Agrarias, que destaca a alza nas cotizacións do godello, que superou os 2 euros o quilo; o albariño situouse nunha media de 2,80 euros, O Ribeiro mantívose no 1,80 para as variedades preferentes, e o mencía pagouse a 1,20 euros.

Te puede interesar