A Denominación do Ribeiro ultima a súa nova páxina web

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro ultima a mellora da súa páxina web, que se vai presentar nas vindeiras semanas e que vai enfocada á modernización da imaxe actual do Ribeiro na rede, cun espazo que axiliza a navegabilidade dos usuarios e incorpora novedades como as ferramentas de búsqueda de adegas, un sistema de xeoposicionamento no que se ubican as 100 adegas da Denominación e tamén reforza o desevolvemento das redes sociais, con novos perfís en Twitter e Facebook.
Destaca o buscador de adegas, viños e colleiteiros que a través de palabras clave favorecerá a búsqueda dos distintos viños e produtores inscritos na Denominación de Orixe, vinculando as máis de 300 marcas do Ribeiro aos seus produtores, e facilitando ademais información das adegas e colleiteiros, imaxes e fichas técnicas de cada marca.

Unha web operativa na que adquire un maior peso o enoturismo, con enlace directo á web da Ruta do Viño do Ribeiro e na que se incorpora un mapa de xeolocalización das adegas e colleiteiros.

Sin duda, unha ferramenta de uso obrigado para todos aqueles que visiten a Denominación de Orixe.


DATOS XERAIS

Na nova páxina informarase de todo o relativo a esta rexión vitivinícola, historia, territorio, variedades e viños, datos de produción, imaxes?sempre permitindo que o usuario acceda a unha cómoda opción de descarga.

Te puede interesar