OURENSE

A Deputación achegará 130.000 euros
 para actividades e eventos deportivos

Son obxecto desta subvención actividades como ximnasia de mantemento, aerobic, tai-chi, ioga, pilates, cachibol e xogos populares e tradicionais

A Deputación de Ourense achega este ano 130.000 euros para a realización de actividades deportivas e organización de eventos deportivos, segundo a convocatoria de 2015 aprobada pola xunta de hoberno.

No que atinxe ás actividades físico-deportivas aprobouse a convocatoria para a concesión de “subvencións a concellos e mancomunidades de municipios da provincia de Ourense“, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidade de financiar actividades e programas deportivos no ano 2015, cunha dotación económica de 60.000 euros para eventos deportivos e programas deportivo recreativos.

Son obxecto desta subvención actividades como ximnasia de mantemento, aerobic, tai-chi, ioga, pilates, cachibol e xogos populares e tradicionais, etcétera, ademais das escolas deportivas.Poderán ser beneficiarios deste programa os concellos ourensáns de menos de 20.000 habitantes e as mancomunidades de municipios da provincia de Ourense.

Polo que atinxe aos eventos deportivos, a achega aprobada pola Deputación de Ourense ascende a 70.000 euros, que irán destinados a actividades físico-deportivas de carácter específico e puntual, que impliquen a práctica de disciplinas deportivas recoñecidas polas federacións deportivas, ou actividades físicas semellantes.

Te puede interesar