NATALIDADE

A Deputación mantén no 2017 a tarxeta ChegOU

O ano pasado se recibiron 1.404 solicitudes para adquirir a tarxeta que pretende fomentar a natalidade

O presidente da Deputación anunciou que no 2017 se mantén a tarxeta Chegou, unha das medidas do Plan de Natalidade, e que o ente provincial prolonga a súa alianza con Abanca, xa que ambas institucións están satisfeitas co balance do 2016.

O ano pasado se recibiron 1.404 solicitudes, valoradas en 421.000 euros, e que chegaron de 85 concellos da provincia. Os concellos que máis solicitaron a tarxeta foron Ourense, Barbadás e Carballiño. 

Tamén explicou que en caso de consumirse a partida destinada aos orzamentos deste ano, esta se ampliará e que a colaboración con Abanca irá na mesma liña do pasado ano.            

Te puede interesar