A Deputación de Ourense destina 80.000 euros para cooperar con concellos e entidades

A Xunta de Goberno aprobou hoxe as partidas na súa reunión

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na reunión mantida a través de videoconferencia, tres axudas para concellos e entidades por importe total de 79.988 euros. Concretamente, na xuntanza aprobouse unha axuda de 12.000 euros para a Asociación Academia Galega do Audiovisual para os gastos de funcionamento correspondentes ao ano 2020.  

No que atinxe á cooperación cos concellos da provincia, na reunión aprobouse unha axuda de 27.988 euros para o Concello de Piñor destinada ao Plan de Rehabilitación de patrimonio, mentres que, para o Concello de Esgos aprobouse unha axuda de 40.000 euros para a execución das obras de construción dun muro e humanización dos núcleos de Lobaces e Quinta.  

Por último, a Xunta de Goberno aprobou incorporar ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do 2020, a obra “acondicionamento da senda fluvial entre Outariz e o Regato do Val”, no termo municipal de Ourense.  

Te puede interesar