A Deputación de Ourense participa na dixitalización das pemes

Presentación do plan, onte.
photo_camera Presentación do plan, onte.

A Deputación anunciou a súa colaboración no programa formativo "Ourense Dixital Pemes" para impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas da provincia. Destináronse 300.000 euros en axudas para diversos proxectos municipais, incluíndo un cambio de obras para o Concello de Toén

A Deputación debullou onte a súa colaboración no programa formativo “Ourense Dixital Pemes ante xerentes, directores  e responsables de recursos humanos de pemes ourensás de entre 10 e 249 traballadores. O Centro Cultural Marcos Valcárcel albergou a xornada de presentación deste plan, que persegue impulsar a transformación dixital do tecido empresarial da provincia. “Trátase de axudar ás pequenas empresas a formar aos seus directivos”, explicou a vicepresidenta primeira da institución provincial, Marta Nóvoa, “para que os seus negocios sexan máis competitivos e produtivos nun entorno que cambia constantemente a medida que a tecnoloxía evoluciona”.

300.000 euros en axudas

Dentro da actividade da Deputación, a Xunta de Goberno aprobou onte destinar 302.541,74 euros a colaborar en diversas obras e proxectos con concellos. Ademais, deu luz verde ao cambio de obras ás que o Concello de Toén adicará os fondos do Plan CooperOU, que suman case 150.000 euros.

Te puede interesar