Un deputado de AGE deixa a política para retomar a súa carreira investigadora en Dinamarca

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda David Fernández Calviño deixa a política despois dun ano dende que accedeu ao seu escano pola circunscrición de Ourense para retomar a súa carreira investigadora a través dun proxecto que desenvolverá na capital de Dinamarca, en Copenhague.


Na rolda de prensa posterior á Xunta de Portavoces, Xosé Manuel Beiras -voceiro de AGE- indicou que Fernández Calviño lle informou desta posibilidade en febreiro deste ano, pero que non foi ata agora cando tomou a decisión despois de ser seleccionado para levar a cabo este traballo na cidade danesa.

Aínda que Beiras indicou que AGE 'xa anunciará' cando sexa necesario quen substituirá a Fernández Calviño, fontes de Anova consultadas por Europa Press explicaron que se manterá o equilibrio de membros desa formación e de Esquerda Unida no Parlamento autonómico, o que supón que sexa Iolanda Pérez Docampo, número tres da candidatura por Ourense, quen tome posesión do escano.




Te puede interesar