Detido un mozo veciño de Ourense por roubar en tres vehículos e como presunto autor dunha denuncia falsa

Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Ourense detiveron un novo veciño da cidade polo roubo con forza en tres vehículos así como presunto autor dunha denuncia falsa.
Segundo informa a Policía, os feitos que motivaron a detención aconteceron a madrugada do pasado día 4 cando foron forzados tres vehículos en distintas rúas da cidade, nos que subtraeron diversos efectos do seu interior. Todos eles sucederon co mesmo 'modus operandi', mediante o forzamiento do marco da porta.

As investigacións levadas a cabo polo grupo de investigación da Comisaría Provincial de Ourense puideron determinar a identidade do presunto autor dos feitos.

Ademais, no transcurso da devandita investigación tamén se puido comprobar que o presunto autor dos tres roubos tamén interpuxera, un día despois de sucedidos os feitos, unha denuncia por roubo con forza no interior do seu propio vehículo, e co mesmo modus operandi que os anteriores. O grupo de investigación puido concretar que se trata dunha denuncia falsa.

Na mañá do mércores foi localizado e detido o presunto autor dos tres roubos, ao que lle imputan ademais un delito de denuncia falsa.

O detido é un home de 24 anos veciño de Ourense, ao que lle constan un total de tres detencións anteriores por diversos feitos. O arrestado pasou a disposición xudicial, tras o que quedou en liberdade.

Te puede interesar