Detido con roupa falsificada valorada en 16.000 euros

A Guardia Civil da localidade ourensana de Verín detivo un veciño de Ourense tras serlle intervidas pezas de roupa supostamente falsificadas valoradas nuns 16.000 euros.


Segundo informou o Instituto Armado, ás 11.45 horas do luns 11 de novembro foi detido L.R.S., de 37 anos de idade e veciño de Ourense, como presunto autor dun delito contra a propiedade industrial.

Ao individuo fóronlle intervidas prendas de roupa supostamente falsificadas, valoradas en 16.000 euros, cando se dispoñía a vendelas na feira de Verín.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 2 de Verín.

Te puede interesar