VIDA

Detrás do son tradicional

roberto carlos perez
photo_camera Roberto Carlos Pérez, O Reberete (MIGUEL ÁNGEL).

O Reberete enlazou a súa paixón pola música coa da elaboración de instrumentos tradicionais. E o que comezou por unha causalidade da vida acabou converténdose no seu modo de vivir. Esta é a historia dun soño feito realidade, un soño que O Reberete desexaría que todos puidesen cumprir, "vivir do que che guste facer"

Nunha foliada, nunha romaría, nun concerto, nunha improvisada festa...  soa a música tradicional e con ela soa o nome de Roberto Carlos Pérez, O Reberete. Un mozo que definiu o seu futuro fai unhos anos e a súa elección non cabe dúbida que foi a axeitada tal e como fala da súa profesión como artesán de instrumentos. A enerxía e a felicidade que desprende pon en evidencia que está a facer o que lle gusta e sempre soñou.  Nas súas mans forxanse tanto gaitas como instrumentos de percusión galegos  cun son e unha afinación que marcan o seu selo persoal. E como a súa faceta de apostar pola nosa tradición non é incompatible cos tempos modernos, aínda se lanzou a crear unha App, Wizapet, para xestionar mascotas perdidas, atopadas ou en adopción. 

Como comezou vostede a ser artesán musical?

Os comezos foron unha mistura da miña paixón pola música e as circunstancias da vida. Comecei  como autónomo e electricista na empresa de construcción familiar, e logo no AVE e cando rematou o tramo no que traballaba, fun un tempo para o paro e voltei coller a gaita logo duns anos de parón, e a raíz de querer facer unhas modificacións na gaita que eu tocaba, contactei cun artesán da zona, Clemente Neira, que agora xa faleceu. E o que comezou sendo unha tarde, converteuse nunha rutina. Gustaba de ver como traballaba a madeira e pouco a pouco comecei a coller as ferramentas, o torno... e o resultado gustou, tanto, que me empezaron a encargar instrumentos. Co tempo, e a vistas de que ese era o camiño que quería seguir, comecei coa miña formación, primeiro en Vigo, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), cun ciclo de Construcción de instrumentos de vento; na Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, de Construción de instrumentos populares avanzado e perfeccionamento. E como non, como autodidacta e a propia experiencia, que nunca acaba.

Que é o máis difícijose carlos perezl do seu oficio?

Afinar o instrumento. Unha vez rematado, teslle que dar o teu toque personal de son e afinación. O toque "estético", que quede bonito, é relativamente fácil, o complicado é darlle ese punto diferenciador.

Que o diferencia a vostede doutros artesáns?

Polo que teño visto cando viaxo ou acudo a mostras, diría que a liña coa que fago os meus instrumentos. Unha pandeireta miña axiña se recoñece entre 15 ou 20 tocando, pola costura, o tipo de unión, o acabado... Eu emprego, materiais, barnices con ceras naturais, aceites, que dan como resultado un aspecto mate, sen demasiado brillo, para que conserve unha liña de instrumento tradicional, como se fose antiguo. Por outra banda, o son, gustáme que teña volume máis ben baixo, que permita cantar. No que atinxe as gaitas, o xeito do torneado, e o seu peculiar son, tamén aportan o toque diferenciador.

Como ten cambiado a fabricación nos últimos anos?

Eu comecei fai unhos oito anos e tampouco noto tanta diferencia, pero si que sei, pola xente que coñezo, que a evolución nos tornos e nas ferramentas fixeron posible que a día de hoxe as afinacións sexan moi precisas, tanto que se permite tocar cun piano ou violín e a gaita está no conservatorio como un instrumento máis.

Ata onde chegan os seus instrumentos?

Aparte de Galicia, dende Xapón a Brasil, pasando por Escocia ou países de Norteamérica.

E hoxe, que comezamos cunha nova sección de Mascotas no suplemento Vida, tamén hai que sinalar que lle queda tempo pjose carlos perezara poñer en marcha unha App para a xestión de mascotas.

Efectivamente. Chámase Wizapet, está funcionando dende fai un ano, e estou moi contento co resultado. Todo xurdiu a partires da necesidade que via de que en caso de perder unha mascota, como poder atopala, buscarlle un fogar, dun xeito rápido, máis alá dos típicos cartaces coa foto ou contactar coa entidade responsable para que a recolla e se encargue de localizar aos seus donos. Algo máis acorde aos tempos que corren de aplicacións e redes sociais. 

Como está funcionando?

Ten unha moi boa acollida, a nivel nacional, pero, sobretodo, en sudamérica. De cara o futuro, estamos en proceso de que unha "aceleradora - partner" lance a app para que todo o mundo coñeza que existe esta ferramenta para solventar a problemática de cando perdes unha mascota ou atopas unha que non é a túa. Incluso unha protectora que teña moitos animais ou ti, a nivel particular, teñas unha camada. Nesa búsqueda estou dende fai un par de meses e xa me chamaron da empresa de Juan Roig (Mercadona) para apoiar o proxecto a través da aceleradora de empresas valenciana "Lanzadera" e teño esperanza aí postas. E en vistas a outras empresas que ten apoiado para o seu desenrolo, nas que invirte benedicios acadados, teñen tido moi bos resultados.

Te puede interesar