A Deputación pide para Pura e Dora Vázquez o Día das Letras

Ánxela Cebrián recibe el premio del certamen literario que homenajea a Pura y Dora de manos del presidente de la Diputación, Manuel Baltar, en 2019. (MIGUEL ÁNGEL).
photo_camera Ánxela Cebrián recibe el premio del certamen literario que homenajea a Pura y Dora de manos del presidente de la Diputación, Manuel Baltar, en 2019. (MIGUEL ÁNGEL).
O goberno provincial valida a proposta de Baltar de solicitar esta distinción ás irmás ourensás no 2023

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, avanzárao o 17 de maio, e non deixou pasar nin 24 horas ata que fixo oficial a solicitude de adicar o Día das Letras Galegas de 2023 ás ourensás Pura e Dora Vázquez. Baltar aproveitara o seu discurso do 17 de maio no acto na honra de Florencio Delgado Gurriarán no Barco para reivindicar a estas “poetas, narradoras, dramaturgas e articulistas en lingua galega nos escuros tempos da Ditadura”. E alí mesmo, salientou a necesidade de adicarlles un Día das Letras, incluso o vindeiro, do 2023, se así o decide a Real Academia Galega. No día de onte, na xuntanza semanal da xunta de goberno da Deputación reunida de forma online, ratificou esta proposta por unanimidade dos membros. Agora,  a solicitude de que as Letras Galegas de 2023 sexan dedicadas ás irmás ourensás Pura e Dora Vázque trasladarase formalmente á Academia. Malia iso, a candidatura xa fora lanzada o día anterior por Baltar no Barco ante os representantes da RAG e da Xunta.

Baltar afirmou que Pura e Dora Vázquez “teñen máis que merecida esta homenaxe polo seu compromiso vital, traxectoria cultural e calidade das súas producións, fose como narradoras, poetas ou dramaturgas, polo que a proposta é coherente e merecente”. Anunciou que o venres celebrarase no CPI Virxe da Saleta de Cea o acto de entrega do XVIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil que leva o nome das irmás, “xéneros das que foron precursoras”. Un galardón que este ano recaeu na novela “O clube de coleccionistas de selos”, de Pablo Nogueira Campo.

As irmás Pura e Dora Vázquez, nadas no barrio do Polvorín da cidade de Ourense, están consideradas as primeiras mulleres en escribir en galego nos xornais e revistas galegas e da emigración trala Guerra Civil, nuns anos nos que esta lingua estaba practicamente desaparecida. Tamén están consideradas pioneiras na literatura infantil e xuvenil en galego. Cultivaron a lingua escrita nos difíciles tempos da ditadura e vencelladas á emigración, xa que tiveron moito contacto coa comunidade galega no exterior. A primeira obra conxunta de Pura e Dora, “Monicreques”, teatro infantil galego, foi editada por La Región en 1974. 

Luz verde a dúas axudas á cultura  para entidades e concellos

Tamén no ámbito da cultura, a xunta de goberno aprobou onte as bases de dúas convocatorias de concesión de axudas para a organización de actividades culturais e recreativas, unha delas dirixida a entidades sen ánimo de lucro e outra para concellos. En ambos casos, subvencionaranse actividades que teñan como fin o estudo, difusión, exaltación ou posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial, incluíndo  festas tradicionais.

Nesta convocatoria entran tamén as accións de fomento das diversas manifestacións culturais, a edición e publicación de libros e obras audiovisuais e as actividades lúdicas e de lecer públicas e gratuítas para a poboación en xeral ou para colectivos que precisan especial atención. As axudas para entidades contan con 100.000 euros e as achegas acadarán como máximo o 50% do custo do proxecto. Para a convocatoria dos concellos, o orzamento é de 75.000 euros, cunha axuda máxima do 50% do custo nos de máis de 5.000 habitantes e ata o 70% nos de menor poboación. O prazo está aberto até o 30 de xuño.

Aprobáronse tamén axudas por 280.000 euros para cooperación con concellos e entidades.

Te puede interesar