El discurso de Luis Menor como nuevo presidente de la Diputación de Ourense

Luis Menor con el bastón de mando.
photo_camera Luis Menor con el bastón de mando.
Estas fueron las primeras palabras de Luis Menor como presidente de la Diputación de Ourense en el pleno en el que se constituyó la nueva Corporación Municipal

El nuevo presidente de la Diputación de Ourense, Luis Menor, dio su primer discurso tras tomar posesión del cargo. En sus primeras palabras al frente de la institución provincial mostró gratitud por el trabajo de su antecesor, Manuel Baltar, y por sus compañeros de partidos, que le otorgaron la confianza para ocupar este puesto. 

En su primer discurso también dibujó unas líneas de lo que quiere que sea su mandato, en el que aboga por la cooperación, tanto con los concellos ourensanos como otras administraciones como la Xunta de Galicia o el Gobierno español. 

Menor también marcó los retos del mandato del nuevo gobierno municipal y pidió "implicación" a los nuevos miembros de la Corporación, también de la oposición. 

Las primeras palabras de Menor como presidente de la Diputación de Ourense

Bo día a todas e a todos

Grazas, moitísimas grazas.

Grazas, de corazón, a todos cantos confiaron na miña persoa para que hoxe recolla este bastón de mando.

Un bastón de mando que máis que simbolizar unha presidencia, representa aos 92 concellos e aos máis de 304.000 habitantes da nosa provincia.

Todo un reto que asumo coa máxima responsabilidade e esixencia que sempre me marquei na miña traxectoria profesional e de servizo público.

Todo un desafío que ten como punto de partida un acto de grande xenerosidade por parte do que foi, ata hai unhas horas, presidente desta Deputación durante máis de once anos.

Grazas Manuel pola túa dedicación, compromiso e “paixón” por Ourense.

E, por suposto tamén, todo un reto que tivo como punto e seguido unha emocionante demostración de confianza na miña persoa por parte dos meus compañeiros de partido, alcaldes, portavoces e concelleiros. 

Asegúrovos que non pode haber máis satisfacción persoal ante tal consenso. Por iso tamén debo e quero darvos as grazas.

Como tamén é preciso agradecer o traballo desenvolvido polos deputados provinciais que formaron parte da corporación no anterior mandato, sen distinción de siglas.

Uns desde as responsabilidades de goberno, e outros desde a oposición, puxéronse a disposición da veciñanza de Ourense para traballar pola nosa provincia, compaxinando ese compromiso co labor municipal nos seus respectivos concellos. E iso tamén é merecente do agradecemento de todos nós.

Aos que xa non están nesta corporación, grazas.

E aos que chegan, parabéns....., pero tamén unha encomenda: Como presidente desta Deputación e desta corporación, pídovos a vosa máis absoluta implicación neste proxecto que se chama Provincia de Ourense.

Sí. Dixen proxecto. Porque iso implica que non hai conformismo; dixen proxecto porque iso significa que sempre imos procurar a mellora; e dixen proxecto porque cada xeración de ourensás e ourensáns ten novas necesidades e lexítimas aspiracións ás que, co noso traballo, deberemos procurar unha resposta de futuro.

Esa é a responsabilidade que lle toca ao novo goberno provincial que me honro en presidir desde hoxe.

Pero, por suposto, tamén me gustaría contar co apoio e a implicación do resto dos grupos políticos que forman parte desta corporación. 

Máis aló das discrepancias ideolóxicas, pídolle aos portavoces e deputados da oposición que exploren e dean pulo a esa capacidade de acordo que nos esixe a sociedade.

Se algunha característica me define é que son unha persoa que escoita e dialoga, porque creo no consenso. Por iso procurarei sempre o apoio de todos os partidos desta corporación para levar adiante, coa máxima lexitimidade, os proxectos de provincia que poñamos en marcha no mandato que agora comeza.

Proxectos, que non inventos, porque non se trata de inventar.
 
O verdadeiramente importante será acertar á hora de planificar e priorizar as accións de goberno que nos permitan conseguir os nosos obxectivos. Planificar e priorizar: estes serán os piares do meu goberno provincial.

Para elo partimos dunha situación de vantaxe grazas ao traballo realizado por Manuel Baltar, que nos deixa unha Deputación economicamente estable. 

Dous aspectos básicos para afrontar unha etapa na que o labor de goberno terá dúas direccións fundamentais: consolidación de obxectivos e atención aos novos desafíos.

Consolidación de obxectivos, porque todos temos en mente cáles son as fortalezas, potencialidades, e tamén as debilidades da nosa provincia.

Fortalezas son, por exemplo, un recurso único e singular pola súa cantidade e diversidade de augas, como é o termalismo; o sector do viño con esas catro denominacións de orixe na provincia; ou a calidade da produción do noso sector primario e, por extensión, da nosa gastronomía.

Potencial é, por exemplo, a vinculación de todos os aspectos citados co turismo, engadindo os camiños de Santiago, as paraxes naturais, o patrimonio ou o turismo deportivo. Potencial é tamén a conexión por alta velocidade co centro de España. 

Traballaremos a reo para desenvolver unha estratexia de aproveitamento das oportunidades que nos ofrece o AVE, tendo en conta que a chegada dos trens Avril tamén aproximará o resto de Galicia aos potenciais visitantes nacionais e internacionais, que cada día van en aumento. 

Tamén temos debilidades. Unha delas é a perda de poboación, especialmente nas zonas rurais, que só conseguiremos frear con servizos máis eficientes que axuden a mellorar a calidade de vida; ademais, dando pulo á creación de áreas industriais que permitan captar empresas e ofrecer unha oportunidade de emprego na contorna, ofrecendo ao mesmo tempo o máximo respaldo ás áreas xa existentes, aproveitando as novas comunicacións e a nosa privilexiada situación xeoestratéxica.

Vivimos tempos de vértixe na transformación da sociedade, tanto da súa poboación como dos seus xeitos de vida. Cambios que se converten en auténticos desafíos. 

Ourense non é allea a esta evolución. 

Se falamos de poboación, os ourensáns xa superan os 51 anos de idade media e non hai moito fomos noticia nacional por un estudo que nos sitúa como a capital mundial da lonxevidade, con 87 centenarios por cada 100.000 habitantes.

A Deputación de Ourense está chamada a ter un papel esencial no ámbito do envellecemento, da soidade non desexada e dos servizos sociais, que máis ca un problema pódese transformar nunha oportunidade de futuro para captar investimentos que permitan desenvolver novos proxectos, sexan de carácter público ou privado, e polo tanto crear máis emprego e riqueza nos nosos concellos.

Hai un segundo desafío ao que quero referirme: a loita contra o cambio climático. A xestión e conservación do noso medio ten que estar entre as nosas prioridades.

E así vai seguir sendo.

Comprometémonos a consolidar todas as accións desenvolvidas ata o momento no ámbito do ciclo da auga, comezando pola candidatura aos fondos Next Generation para poñer en marcha un proxecto de xestión intelixente da auga, ou a colaboración comprometida coas comunidades de regantes da Limia para o desenvolvemento do plan de modernización do regadío na comarca, que como vimos hai uns días vén de impulsar a Xunta de Galicia con 6,5 millóns de euros.

Tamén seguiremos profundando na loita contra os lumes. Sabedes que na miña anterior etapa profesional estaba á fronte da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. Poño a disposición desta Deputación toda esa experiencia para seguir traballando nesa liña de traballlo que xa levou ao anterior goberno ourensán a pechar o mapa provincial de emerxencias, e facer da nosa provincia unha das máis seguras de España.

Neste obxectivo quero destacar a importancia que supón para Ourense acoller o novo Centro Integral da Loita contra o Lume de Toén, que será un instrumento de primeiro nivel para a loita contra o mal endémico dos incendios forestais.

Non falei ata agora da cooperación cos concellos, porque entendo que non é un obxectivo. Para min, a cooperación cos concellos é a razón de ser das deputacións.

Por iso anuncio que asumo en primeira persoa o exercicio da competencia da cooperación.
 
Se nós estamos aquí é para atender as necesidades dos 91 concellos menores de 20.000 habitantes que temos nesta provincia, poñendo á súa disposición todos os recursos económicos, medios materiais e persoal técnico aos que, na práctica totalidade dos casos, non teñen acceso os pequenos concellos.

Para eles manteremos e activaremos todos os servizos e programas que precisen para dar resposta ás súas necesidades. Así entendo a colaboración cos concellos.

Con todo, a colaboración cos medianos e pequenos concellos non implica illar á capitalidade de Ourense, na que viven un de cada tres habitantes desta provincia.

Por iso estableceremos un diálogo cos máximos representantes da capital para fixar liñas de colaboración en proxectos estratéxicos que beneficien tanto á cidade como ao resto da provincia.

Todos os avances que redunden na capital, na súa cidadanía e no seu progreso terán un efecto paralelo na provincia, e cómpre aproveitar todas as sinerxias que se teñamos ao noso alcance.

Todo este labor do que veño de falar precisa doutra colaboración: a institucional.

Non dubiden que vou chamar a todas as portas, de todas as administracións, e visitalas para traballar en coordinación, sen duplicidades, optimizando recursos e procurando axudas mesmo en Europa para os proxectos que acordemos entre a Deputación e os concellos. 
 E, por suposto, esixindo que se cumpran os compromisos adquiridos no seu día con esta provincia. 

Non deixarei en ningún momento de ser reivindicativo co que defendo de xustiza para Ourense, sexa co Estado, coa Xunta ou con calquera outra administración.

A miña experiencia profesional e de servizo público permíteme ter un coñecemento das administracións públicas, incluída a local, que vou aproveitar para esta nova traxectoria provincial.

Un capital que poño a disposición da veciñanza de Ourense e de todos os alcaldes da provincia; alcaldes que visitarei nos seus concellos para conversar e coñecer de primeira man as súas necesidades. Dende logo terei a inmensa honra de ter o despacho máis grande do mundo: 7.273 quilómetros cadrados.

Hoxe iníciamos unha nova etapa nesta Deputación; con cambios claro está, e con estilo propio tamén, como fixen sempre alí onde estiven e como fixeron os meus antecesores. 

Hoxe comezo un novo reto, pero non quero esquecerme doutra importante responsabilidade que asumín como como alcalde do meu concello: Pereiro de Aguiar.

Conlevar ambas responsabilidades será un esforzo a maiores.

Pero quizá non tan difícil porque vou ter a axuda do marabilloso equipo de persoas que me vén acompañando no labor municipal. Grazas tamén a eles pola axuda extra que vou ter.

Tamén aquí, na Deputación, vou contar para este mandato cun grupo de goberno que asumirá eses eixos de actuación que marcarán o noso camiño.

Como sei que tamén vou contar coa colaboración do gran equipo de profesionais desta Deputación. A moitos xa os coñezo e sei do importante traballo que desenvolven. 

Remato xa, pero non quixera deixar pasar a oportunidade que teño hoxe para agradecer publicamente o inmenso sacrificio que esta nova etapa profesional e política supón para a persoa que mellor me coñece e máis apoio tenme ofrecido: A miña muller. Como tamén terei, aquí e na distancia, a comprensión e o apoio de Víctor e Ana, os meus fillos.

Grazas a todos, de corazón, pola oportunidade que se me brinda para representar á provincia de Ourense. 

Moitas grazas.

Te puede interesar