O certame de teatro inicia unha semana de grandes espectáculos

A dura relación da Igrexa con Mozart abre o FITO

Cartel que anuncia a obra da compañía La Mona Ilustre.
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que terá como prato forte a presenza da compañía teatral de Noruega 'Jo Stromgen Kompani', que realiza unha xira por Europa e só fará dúas paradas en España, unha en Madrid e a outra en Ourense -con dous espectáculos en cada cidade-, abriu onte o telón cunha sesión doble, ás oito e media e once da noite, no Auditorio municipal.
A compañía catalana de Marta Carrasco, co seu espectáculo 'Dies irae, en el réquiem de Mozart', serviu de inicio a un certame xa plenamente consolidado que encherá a cidade de teatro durante toda a vindeira semana. Na segunda sesión, a compañía Sapristi, puxo en escea na capela do Campus universitario de Ourense a obra 'Por que o meniño se coce na polenta?'.

Pero a nivel internacional, o III FITO contará coa presenza de compañías procedentes de Arxentina, Chile, Ecuador, Portugal e Noruega. Dentro do territorio nacional, desprazaranse a Ourense grupos do País Vasco, Cataluña, Madrid, Valencia e seis compañías procedentes de toda Galicia.

Onte, o público encheu o Auditorio, para contemplar e aplaudir a montaxe de Marta Carrasco, que recibiu recentemente o galardón como mellor directora de escea de España. Carrasco e a súa compañía fixeron un fondo repaso á obra do xenial músico pero desvelando unha factura oscura e crítica coa Igrexa, sobre o seu poder e tamén, como diría a propiea directora, sobre a súa hipocresía. A representación mezclou con acerto danza, música e teatro.

Te puede interesar