Crónica

Usuarios do centro de día da Cruz Vermella: “É o noso segundo fogar"

Ourense 9/1/20
Reportaje centro de dia cruz roja 

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Benita Rodríguez participa nos xogos de fisioterapia que fan no centro de día da Cruz Vermella. (Foto: Martiño Pinal)
O centro de día da Cruz Vermella celebra os seus 25 anos. Conta cun medio centear de usuarios, entre os 69 e 96 anos, que comparten exercicios, obradoiros ou unha pizarra dixital. "Somos compañeiros de vida"

Corría o ano 1995, concretamente o verán, cando Marisa González se puxo á fronte do proxecto que hoxe é centro de día da Cruz Vermella. Naquel momento convertiuse no primeiro en Ourense desde tipo. Hoxe é un "segundo fogar" para moitos maiores. "Tíñamos moi poucos usuarios, a idea era comezar con algúns obradoiros de envellecemento activo ata chegar ao que somos hoxe", explica González. 

Ricardo Picouto foi o primeiro usuario neste recorrido. A él seguírono máis de 350 persoas que formaron parte ou aínda siguen no centro de día da Cruz Vermella. No 2019, pasaron polas súas instalacións 44 persoas, mulleres na súa maioría: "De todos, só tivemos nove homes, o resto son usuarias", sinala a directora. 

Calquera persoa con máis de 65 anos pode anotarse neste servizo, que funciona de luns a venres dende a mañá ata a tarde. "A máis xove que temos é de 69 e a maior de 96", conta González. Todos eles disfrutan de obradoiros que van dende exercicios de fisioterapia, manualides ou da estimulación de diversas capacidades e, incluso, adaptándose aos novos tempos cun encerado dixital.

O seu usuario medio é unha "muller, viúva e de máis de 86 anos". Tamén teñen pasado algunhas parellas, cousa que os voluntarios  consideran "moi recomendable". Son moitas as historias detrás de todos os usuarios, como tamén o traballo da Cruz Vermella: "Temos outros proxectos que sirven de apoio como a teleasistencia ou unha atención aos coidadores", resalta González.

A pesares de todo, hai persoas que son reticentes. Unha vez que o proban, non se arrepinten. "Unha das últimas que veu non quería facelo, agora di que o tiña que haber feito antes", afirma González. Rosa Pérez foi unha delas pola razón de ter que "saír da casa": "Ao principio non quería, pero agora estou moi contenta", conta. 

A día de hoxe ten ás súas amigas neste centro, como Benita Rodríguez que chancea sobre as amizades: "Témonos que levar ben, se fósemos inimigos esto sería un fiadeiro". Xuntas acuden ao centro de día e participan en obradoiros como o de gancho. Antonio Córdoba é outro dos usuarios que di estar "tranquilo" no centro onde se atopa con "compañeiros de vida".

Te puede interesar