Os ecoloxistas rexeitan o plan de industrias para Maside

A dotación de 800.000 metros cadrados (80 hectáreas) para solo industrial, que o Concello de Maside inclúe no borrador do Plan Xeral de Ordenación, recibiu a calificación de 'descomunal' por parte dos ecoloxistas. Concretamente, o colectivo 'Matar por matar non' considera que 'é unha auténtica animalada afogar o núcleo de Maside, que non chega ás 10 hectáreas de superficie, cun cinturón industrial que vai rematar coas poucas expectativas de desenvolvemento social e urbano desta localidade', indica Xulio Fernández, voceiro da asociación.
Iste representante do movemento ecoloxista apunta, por exemplo, que 'qué ilusos van aproveitar a oferta de vivendas que aparece na web municipal, se logo non terán oportunidade de disfrutalas, rodeados de industrias e contaminación'. Xulio Fernández engade que 'a única explicación deste plan é que é especulativo'.

Te puede interesar