Entra en vigor no Concello da cidade a relación de postos

A relación de postos de traballo (RPT) e as condicións de provisión de prazas, traslados e vacantes de funcionarios no Concello de Ourense son xa oficiais, trala súa publicación, onte, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
A relación de postos contempla tódalas prazas de traballadores do Concello por concellerías e servicios, co seu nivel, complementos de destino e específico, tipo de posto, escalas e grupos ós que pertencen. Figuran tamén os postos de eventuais, neste caso no gabinete de órganos de goberno e de partidos políticos, e da alcaldía.

Te puede interesar