LUCHA CONTRA INCENDIOS

Esclarecen o incendio de Casardomato: "O lume produciuse por unha queima de cadernos"

A policía autonímica de Ourense procedeu a tomar declaración como investigados a tres menores como presuntos autores da fogata, ocurrida o pasado 23 de xuño

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Ourense, que afectou a 14 hectáreas

A Policía Autonómica de Ourense, procedeu a tomar declaración como investigados a 3 menores como presuntos autores dunha fogata o pasado día 23 de xuño do presente ano, que deu como consecuencia un lume no lugar do Casardomato, Ourense.

O lume produciuse, por mor dunha queima duns cadernos no medio dunha pista asfaltada sen tránsito, e debido as rachas de ventos existentes arrastraron anacos de follas de papel, o que fixo que o lume avanzara con rapidez, afectando a unha superficie de 14 hectáreas. de monte raso.

Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas á Fiscalia de Menores de Ourense.

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 57 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

Te puede interesar