O estudoso de Tagore José Paz, medalla de ouro da provincia

"Tiñamos grandes proxectos conxuntos que levaremos adiante”, salienta a Deputación

O profesor ourensán José Paz Rodríguez será medalla de ouro da provincia. O presidente da Deputación aproveitou a inauguración da mostra de Afonso X no Valcárcel para recordar a súa figura, e nunha ocasión “na que falamos de cultura, de historia e de Ourense”  anunciou o inicio dun expediente para a concesión deste galardón a José Paz, falecido o pasado 23 de abril, “e co que tiñamos grandes proxectos que levaremos adiante malia a súa desaparición física”, prometeu o líder provincial. 

Referiuse así Baltar á doazón dunha das coleccións máis importantes do mundo, composta por 30.000 volumes dedicados ao premio Nobel de Literatura, o poeta e filósofo bengalí Rabindranath Tagore, nado tal día coma onte en 1861, ademais doutras amplas bibliografías relacionadas co mundo do cinema, a arte popular ou a pedagoxía.

Neste senso, o Edificio de Ferro do Campus de Ourense acolleu, para celebrar o 160 aniversario do nacemento de Tagore, unha xornada de charlas en memoria de José Paz, que dedicou a súa vida ao estudo desta obra. Interviron con relatorios José Manuel Cid e Xosé Lois Carrión, entre outros. O seu soño era crear un Centro Tagore na cidade, chegando a reunirse con Baltar este mesmo ano para ceder á institución as súas bibliotecas.

Te puede interesar