AURIABELLA

Explosivo recibimento do bispo Ávila

“Pazo Episcopal” de Ático Noguerol (fonte: Arquivo Histórico Provincial de Ourense).
photo_camera “Pazo Episcopal” de Ático Noguerol (fonte: Arquivo Histórico Provincial de Ourense).
 El recibimiento fue tan excesivamente “estrepitoso”, que apenas sí quedó vidrio sano en los edificios próximos

Auriabella concentrou os seus “poderes fácticos”, políticos e relixiosos en duas edificacións veciñas da Praza Maior: o Pazo Episcopal ou Curral do Bispo, coa súa igrexa de Santa María a Nai, sendo a súa cabeza visible o bispo, e a Casa do Concello, centro político por excelencia coa corporación municipal e o alcalde. Ambos sitúanse no lado sur da Praza Maior, amosando nas súas fachadas os seus blasóns que os distinguen do resto das edificacións vilegas. Ambas institucións remataban en múltiples ocasións enfrontados no seu desexo de amosar o seu poderio.

Do enorme listado de bispos aurienses, debe destacarse a José Ávila e Lamas, o número 96. Fernando Fulgosio informou del na súa “Crónica de la provincia de Ourense” (Editorial Rubio y Compañía). Avila e Lamas naceu en Tui, o 13 de novembro de 1803, nunha nobre familia, sendo bautizado na concatedral tudense. Cursou Filosofía e Teoloxía na Universidade de Santiago. Entrou como colexial no Maior de Fonseca o 17 de xullo de 1825. Graduou como licenciado en Teoloxía o 29 de xullo de 1827; o 5 de agosto acadou o grao de doutor. Presbítero en Ourense, en 1930 foi ordenado sacerdote; nomeáronno, en febreiro párroco en Santa Eufemia a Real do Norte (San Domingos) ata 1832. Posteriormente, trasladouno o papa Gregorio á Catedral auriense en decembro de 1832. Foi durante dous cursos (1833-35) catedrático do seminario de San Fernando, na rúa Instituto ou Lamas Carvajal, e administrou o Hospital de San Roque. Nomeáronno cóengo da Catedral de Santiago. En 1852, tamén foi tesoureiro da mesma e un dos gobernadores do arcebispado. En 1852 foi preconizado bispo de Plasencia, onde exerceu nunha breve etapa.

Presentado para bispo de Ourense o 17 de xullo de 1857 e preconizado en Roma o 25 de setembro polo papa Pio IX, tomou posesión o 30 de decembro. Prodúxose a súa entrada o 3 de xaneiro de 1858. Co gallo da súa toma de posesión publicou unha pastoral dirixida aos crentes de Ourense, en 1858, impresa por Pedro Lozano. Faleceu o 2 de xaneiro de 1866.

Adrio Menéndez, para o ano 1858, no seu libro “Del Orense Antiguo 1830-1900”, no capítulo XII titulado “El obispo Ávila y Lamas”, describiunos un feito moi reseñable para a sociedade ourensá: a toma de posesión do novo bispo da cidade: 

El 3 de enero hizo su entrada solemne en esta ciudad el obispo D. José Ávila y Lamas. Y el Ayuntamiento, en su deseo de agasajarle, ordenó, como obsequio inicial, el disparo de dos cubos de fuego de 240 bombas cada uno, que explotarían, el primero, a la llegada del prelado a la Plaza Mayor, y el segundo, al entrar en el palacio episcopal.

El recibimiento fue tan excesivamente “estrepitoso”, que apenas sí quedó vidrio sano en los edificios próximos; y cuéntase que Su Ilustrísima, atolondrado por el estampido, no atinaba con sus habitaciones particulares.

El 10 del mismo mes, visitó oficialmente el obispo al Ayuntamiento. Recibido por la Corporación en pleno e invitado a pasar al Salón de Sesiones, tomó asiento en el sillón presidencial, donde los concejales presentáronle sus respetos.

El señor Avila y Lamas tuvo frases de gratitud para todos los presentes que habían contribuido al grandioso recibimiento que a su llegada se le había hecho, ofreciéndose como “un orensano más”, para cuanto, compatible con su ministerio, pudiera beneficiar a esta capital. Contestóle el señor alcalde, que lo era entonces don José García Armero, con elocuentes frases, que si bien no recordaban a Demóstenes, merecieron profundos cabeceos de asentimiento por parte de los ediles. A la salida fue pródigo el obispo en otorgar bendiciones y en presentar el anillo pastoral a los individuos de la Corporación, que besaron respetuosamente. Estos le acompañaron hasta Palacio.

 Ó final do seu mandato adquiriu unha difícil e penosa enfermidade, impedíndolle exercer ningunha atividade e finando o 2 de xaneiro de 1866 por unha conxestión cerebral.

Quizais o acto persoal máis reseñable do bispo Ávila foi a restauración do retablo maior da Catedral, incluindo a renovación do pavimento. Tamen foi impulsor do ferrocarril, animando ós cidadans á subcrisción de accións. O 13 de xuño de 1863 bendiciu as obras realizadas en Ourense.

 Un bispo coma este marcou unha forte pegada na historia social e relixiosa de Auriabella.

Te puede interesar