O lume quedou extinguido tras afectar a un total de 23 hectáreas de monte raso
Os efectivos de loita contra o lume lograron extinguir o incendio que afectaba dende a tarde do venres á parroquia ourensana de Cudeiro, segundo os últimos datos da Consellería do Medio Rural.
En concreto, o lume quedou extinguido ao fío das 18,50 horas deste sábado, tras afectar a un total de 23 hectáreas de monte raso, segundo as primeiras estimacións provisionais.
O incendio iniciouse ás 17.53 horas do venres, quedou estabilizado durante a noite e controlado durante a mañá deste sábado, concretamente ás 11,17 horas.
No lugar, traballaban na mañá deste sábado un técnico, 10 axentes forestais, 35 brigadas, 15 motobombas, unha pa, 11 helicópteros e 11 avións
A Consellería de Medio Rural e do Mar tivo que activar a situación dúas pola proximidade das lapas ás vivendas, que quedou desactivada sobre as 22.17 horas do venres. O lume obrigou a desaloxar varias vivendas.