Feminismo interseccional na intervención social a mulleres
Interseccionalidade, a disciplina que permite avaliar as consecuencias dos sistemas de opresión na vida das mulleres
A Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense acolleu este mércores a celebración da xornada “Feminismos inteseccionais: coidados, diversidade e ruralidade”. Coordinada pola profesora de Socioloxía Iria Vázquez a actividade contou coas conferencias de Ana Martínez, traballadora social na cooperativa A Morada, e de Araceli Macías García, educadora social en Outonía no rual de Lugo e Ourense.
Iria Vázquez explicou a orixe do termo intersccionalidade, para contextualizar o traballo realizado polas dúas cooperativas sociais e a súa importancia: “A interseccionalidade foi aplicada nas ciencias sociais pola avogada afroamericana Kimberlé Crenshaw en 1989; a través deste concepto pódese avaliar as interaccións e interseccións dos distintos sistemas de opresión, destacando as consecuencias destes nos dereitos das mulleres”.
Deste xeito, a coordinadora da actividade sinalou que a traballadora social Ana Martínez González, da cooperativa A Morada de Vigo, expuxo “a necesidade de pensar os coidados desde a xustiza e o seu reparto equitativo”.
Por outra banda, Araceli Macías García, falou da “necesidade de rachar cos mitos e estereotipos que rodean as mulleres do eido rural”. A relatora falou, en plural, da “necesidade de vincularnos cos feminismos comunitarios, que poñan o territorio como eixe vertebrador das súas reivindicacións”. A súa entidade busca “contribuír ao cambio de ollada cara unha ética dos coidados e o bo trato” e entre outras actividades realizan proxectos de coeducación, iniciativas participativas para mulleres maiores das zonas rurais ou implementación de proxectos para a prevención das violencias machistas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLAYA DE L'ARRABASSADA
Dos menores mueren ahogados en una zona de rocas en Tarragona
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua