Unha Festa da Lingua para "dar corda ao galego"

Baixo o lema "Darlle corda ao galego", o Auditorio acollerá mañá a terceira Festa da Lingua en Ourense, coa participación de preto de 400 estudantes procedentes dos centros pertencentes ás Escolas Católicas.
 

Xogos tradicionais con Amencer; maxia con Crystian Magic, un libroforum; un obradoiro de ilustración de Pepe Carreiro; música con Magín Blanco, e cine con Ángel de la Cruz, ademáis de contacontos, son parte das actividades programadas neste encontro, cuio obxectivo principal é "que os estudantes vexan o galego coma lingua propia e ao mesmo nivel que outras linguas", sinalou Xosé Francisco Martínez Reboiras, secretario autonómico das Escolas Católicas en Galicia, quen estivo acompañado na presentación por Remedios Forneiro, coordinadora dos equipos de normalización lingüística das Escolas Católicas, e Manoli Maceda, en representación da Xunta.
Martínez Reboiras explicou que "as escolas católicas de Galicia teñen asinado un acordo con Política Lingüística para apoiar, divulgar e animar a usar a lingua galega nos centros". Sinalou as actividades que están levando a cabo como o premio Frei Martín Sarmiento e o "Recurta", "moi valorado polos estudantes e que se centra en crear pequenas curtas coa lingua", e tamén lembrar o 150 aniversario de "Cantares galegos". Mañá, os estudantes dos centros ourensáns vivirán unha xornada de convivencia na que se fará lectura dun manifesto e terá lugar un roteiro polas proximidades do Auditorio. A xornada desenvolverase dende ás dez da mañá ata o mediodía, "e os centros traerán cada un o seu lema para colgalo no Auditorio, e terán que convivir con compañeiros doutros centros. n

Te puede interesar