O Festival Internacional de Teatro de Ourense porá o foco nas compañías emerxentes

Acto de presentación do FITO.
photo_camera Acto de presentación do FITO.

A XVI edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) amplía os espazos, voces e estratexias, poñendo o acento nas compañías emerxentes, moitas delas vencelladas coa cidade. Este evento cultural de referencia trae teatro de rúa e de sala, do 12 ao 22 de outubro, a diferentes espazos como o Teatro Principal, o Liceo de Ourense, a Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, e a diferentes rúas da cidade

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, destacou onte, na presentación do Festival, o traballo realizado pola organización do FITO ao longo destes dezaseis anos consolidándoo como “un evento referente na axenda cultural da provincia de Ourense”. O programa inclúe a compañías consolidadas como o son Contraproducións, Redrum ou a Cía Marta Alonso; nomes propios como Quico Cadaval, Teatro Escola da Noite ou o clown alemán Dado; xunto con outras menos coñecidas para o público ourensán como A Feroz, Inda Pereda e Pajarito. 

Pola súa parte, a directora do FITO, Fina Calleja, fixo unha especial mención ao apoio “imprescindible” da Deputación e da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Te puede interesar