O goberno local de Ourense ignorou as advertencias do oficial maior

Concello de Ourense.
photo_camera Concello de Ourense.
O BNG desvela que a xunta de goberno local sabía da posible ilegalidade de dous expedientes

O grupo municipal do BNG advertiu onte  que os expedientes de modificación de crédito 22 e 23P/2023 foron aprobados pola xunta de goberno local do Concello de Ourense pese ás advertencias do oficial maior accidental sobre a súa “posible ilegalidae”.  Así se desprende da acta da Xunta de Goberno Local do pasado día 27 de novembro e onde o oficial maior accidental advertiu que os expedientes estaban incompletos, ao carecer do informe da intervención municipal e que, polo tanto, subliñou “o acordo que se adopte pode ser nulo de pleno dereito ou anulable”. Pese a estas advertencias, os membros da xunta de goberno local decidiron aprobar os dous expedientes, que, posteriormente, foron tumbados pola oposición no pleno.

"Tremendamente revelador"

Para o portavoz municipal do BNG, Luis  Seara, a acta “é tremendamente reveladora e desmonta todo o argumentario de Jácome de querer victimizarse e de pretender establecer unha especie de contubernio entre o interventor e a oposición”, e engade, “xa non é que sexa a intervención municipal a que advirta das irregularidades, ou que o denunciemos desde o BNG negándonos ademais a ser partícipes, senón que os membros do goberno local e o alcalde lde sabían que o que estaban aprobando non se axustaba a dereito e aínda así decidiron continuar”.

Te puede interesar