Hai canteira de folclore galego

ma2205031044001.jpg_web
O tema das Tanxugueiras foi o fío conductor co que o bailarín Artur Puga achegou o baile tradicional ós alumnos de O Couto

O Benidorm Fest supuxo un punto de inflexión para a música e baile tradicionais galegos, da man do fenómeno Tanxugueiras. Un dos bailaríns que as  acompañou nesa data, Artur Puga, impartiu onte unha clase para os alumnos do IES O Couto, na que os achegou ó mundo do folclore a través  do icónico tema co que as galegas case chegan a Eurovisión. “Coa música de ‘Terra’ como fío conductor de todo o obradoiro, imos falando un pouco do baile, de como era antigamemte e como chegou ata o día de hoxe”, asegurou. Esta canción contribuiu a moitas cousas, pero principalmente a derrubar estereotipos. “Xa non pensan ‘esto es de viejas’, eliminar ese estigma para nós xa é un triunfo”, agregou Puga, quen percorre a diario toda Galicia para ensinar a súa técnica.

Para os alumnos a xornada foi unha sorpresa, na que aprenderon que os seus gustos son máis amplos do que pensaban. “Me gusta esa música, descubrí que me gusta bailar”, afirmou Samuel, estudante de 14 anos. A súa compañeira Sara lamenta que as Tanxugueiras non vaian a Eurovisión, xa que ten a canción “en la cabeza  todo el rato”. “Me quedé con ganas de bailar más, no lo había hecho nunca”, destacou. Antón disfrutou moito máis do que imaxinaba, e xa non descarta seguir bailando. “Pensé que iba a ser un poco más aburrido, pero al final nos soltamos”, declarou sobre un estilo que coñecía “por los abuelos”.

Te puede interesar