ENTREVISTA

Henrique Monteagudo: “Carlos Casares foi un magnífico narrador oral antes que escritor"

hgghgfhgfhf
photo_camera Henrique Monteagudo.

Henrique Monteagudo é profesor universitario, escritor e secretario da RAG

Henrique Monteagudo, profesor de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e secretario da Real Academia Galega presenta esta tarde no Liceo de Ourense ás 20,00 horas o libro titulado "Carlos Casares. Un contador de historias". 

Que quere transmitir con este libro?
A idea do interese e da importancia que tivo a traxectoria biográfica de Carlos Casares coma persoeiro público. Tamén tento introducir ó lector na sua obra, que foi  importantísimas e é o legado principal que deixou para as xeracións actuais. 

Cal é a clave fundamental?
É a tentativa de contar a vida dentro da súa obra e a obra dentro da súa vida. Foi unha persoa moi adiantada ó seu tempo e produciu unha obra literaria que deixa unha testemuña moi nítida e moi profunda das distintas etapas que él viviu, dende o franquismo ata a democracia.

Por que contador de historias?
Porque foi a definición que él fixo de si mesmo. Lembro que nunha entrevista que lle fixeron dixo que "se me preguntan o que eu son, son un contador de historias". Todos coincidimos en que o define moi ben. Antes de ser escritor e narrador, era un magnífico narrador oral que pasou a súa vida recreando e contando historias.

Que significa para vostede escribir este libro?
Para min foi unha especie de volta atrás. Por unha parte foi volver ó Carlos que eu coñecín e por outra parte descubrir un Carlos que eu non coñecía. Eu sabía pouco da sua infancia e da sua xuventude, porque él non falaba moito diso. A súa xuventude universitaria en Santiago foi fascinante.

Unha suxerencia para o público?
Para a xente que non coñece a vida e a obra de Carlos Casares, este libro será como unha introducción que servirá para conseguer que lles interese a súa figura. Ós que xa o coñecían, eu creo que lles vai interesar ver as distintas facetas do autor ourensán.

Te puede interesar